viernes, 7 de septiembre de 2012

Axencia Tributaria Galega

Feijóo anuncia a posta en marcha, en xaneiro de 2013, da Axencia Tributaria de Galicia, que permitirá un aforro de 15 millóns de euros en catro anos, “ser máis eficientes na prevención da loita fiscal” e prestar “un mellor servizo aos cidadáns” - Xunta de Galicia
Destaca que a creación deste organismo esixe un triplo exercicio por parte da Administración: un exercicio de austeridade e de simplificación, un exercicio de especialización e un exercicio de coordinación
Deste xeito, a Axencia Tributaria substituirá á actual estrutura, eliminando a Dirección Xeral de Tributos, cinco departamentos territoriais, cinco zonas de recadación e 42 oficinas liquidadoras, que pasan a converterse en oficinas de documentación
O organismo potenciará a especialización dos empregados públicos na inspección dos tributos da comunidade e aglutinará todas as funcións tributarias relativas a impostos propios e cedidos nas fases de liquidación, xestión, inspección e recadación
Porase en marcha un sistema completo de asistencia ao contribuínte, creando unha única xanela telemática que permita conectar ao contribuínte cos diferentes rexistros, mellorarase o servizo de asistencia e crearase un servizo de atención telefónica de consultas e un servizo de atención a través de cita previa 

No hay comentarios: